9 jun. 2012

Loita épica de titáns


Ante aproximidade da data na que publicaremos o debate sobre O segredo da pedra figueira, da maleducada María Xosé Queizán, ocorréusenos ir publicando unha serie de artigos combativos que vaian animando o ambiente. Neles falaramos de aventuras literarias tan galegas como amigas do fantástico. Consideramos que o que imos facer é unha aberración sensacional: enfrontaremos títulos que poden considerarse xa clásicos (dentro da inconcreción á que da lugar o tal adxectivo) con outros máis novos que apareceron na última década (e mesmo nos últimos meses) para fornecer de frescura as nosas letras. Os elixidos para a esta loita maleducada serán os seis que podedes ver no vídeo acompañados dunha imaxe de quen os imaxinou. Neste combate de enxeños contamos, por primeira vez nos nosos blogs, coa presenza decidida de homes/escritores, tamén para xogar de esguello, coma quen di, á irreverente guerra de sexos. Cando estes combates fantásticos rematen destacaremos un único gañador ou gañadora… quen será?

Despois da batalla, estaredes preparados para coñecer... o segredo da pedra figueira!

1 comentario:

  1. Hahaha! Xa non tiña eu dabondo con andar todo o día á liorta ca miña sogra... bon, menos mal que a compaña é excelente. Boa proposta

    ResponderEliminar