Quen somos


100% maleducadas é o blog en galego derivado de Maleducadas (que aposta por visibilizar a literatura que escriben as mulleres). Nace coa pretensión de cubrir o oco do noso irmán maior e promocionar ás maleducadas escritoras que optan por empregar o galego como lingua de creación a través dun club de lectura e algunha que outra cousa que consideremos de interese para as nosas lectoras e os nosos lectores. Comezamos a nosa andaina o 17 de maio de 2012, Día das Letras Galegas.

EQUIPO:
Redacción: Dúas Lúas
Documentación: Bibliotecaria Maleducada
Outras colaboracións esporádicas.

ENDEREZO DE CONTACTO:
Responderemos ás túas cuestións no correo maleducadas@gmail.com.

BENVID@S! (que non digan que somos maleducadas)