4 may 2013

May the 4th, outro ano máis

O catro de maio, como saberedes se vides seguindo a nosa árbore de blogs dende hai tempo, é o Día de Star Wars. Por que? A resposta podedes atopala nunha entrada propia da nosa colonia Lecturas en femenino: Divas de la Space Opera.
Este ano, facendo unha paréntese no noso Canta Rosalía (que temos, pobre axenda, tan abandonado, mais non esquecido), queremos facer un chamamento a todas as escritoras galegas amantes das aventuras espaciais, porque non atopamos moito onde trillar nese eido, para que se poñen ao choio e ter algo novo do que falarvos o ano que ven por estas datas. Non obstante, temos apuntados un par de títulos que, malia non encadrarse completamente na Space Opera máis tradicional, si comparten elementos con ela, e poden servirvos para festexar en galego este galáctico 4 de maio. De que libros falamos:

 - Unicrom, de Rosa Enríquez.
A ruésa Rosa Enríquez, cuxos alicerces na escrita están na poesía, constrúe en Unicrom un multiverso fantástico a través do achado dun manuscrito. Segundo nos contan os trasnos dos libros (IES do Poio), léndoo poderemos "viaxar nun boroloco ata Artex e coñecer a Asor e a Aser" ou "prepararnos para ir á guerra e loitar pola paz do planeta".
Rosa Enríquez fala de Unicrom:

- O caderno de bitácora: aventuras espaciais, de María Reimóndez.
María Reimóndez traza neste caderno de bitácora un roteiro a través das galaxias durante o cal a capitana reimon vai desfiando as miudezas dunha viaxe estelar que teñen como norte non identificado ao misterioso mariñeiro s.


Apuntamentos sobre o libro e a súa autora:


Para saber máis sobre a ciencia ficción en galego:

No hay comentarios:

Publicar un comentario